03/03/19

QUERO SER UN ROBOT

PARA O ENTROIDO IMOS SER ROBOTS. 
AS FAMILIAS E OS NENOS E NENAS PARTICIPAMOS NUN TALLER CREATIVO PARA CONFECCIONAR OS TRAXES.

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VÍDEO PARA QUE POIDADES VER O RESULTADO








25/01/19

O  proxecto anual do centro está este ano dedicado aos inventos.
os nenos e nenas de 5 anos investigamos sobre a escritura e usando os nosos traballos preparamos unha exposición en vídeo para todos e todas os compañeiros do cole





.

08/06/18

REPORTAXE DOS REPORTEIR@S DE 4 ANOS SOBRE A SAÍDA Á PANADERÍA

O pasado luns os reporteir@s de 4 anos fixeron unha visita a unha panadería e despois decidiron elaborar esta reportaxe para transmitir como é o proceso de elaboración do pan, ademais de reflectir o ben que o pasamos. Agardamos que vos guste.


10/05/18


NOVO TRABALLO DOS PEQUEN@S REPORTEIR@S

Os Pequen@s Reporteir@s  de 4 e 5 anos tiveron a sorte de poder entrevistar á astrofísica Begoña Vila que actualmente atópase traballando na NASA. Facéndolle chegar as súas preguntas a través do seguinte video.


23/03/18

DESPEDIDA DO PROXECTO "PLANETA AZUL, PLANETA VERDE"

Durante o desenvolvemento do noso proxecto "Planeta Azul, Planeta Verde" aprendemos a respectar e amar ao noso planeta, hoxe como remate subimos a lúa para dicirlle adeus.


Este é o noso segredo para chegar a lúa...




22/03/18

DÍA MUNDIAL DA AUGA

Dende a aula de 3 anos mandamos unha mensaxe de agradecemento ao planeta  por poder disfrutar  da auga.


21/03/18

21 MARZO, DÍA DA ÁRBORE

Os nenos e nenas de 3 anos quixemos celebrar o día da árbore facendo unha con materiais de reciclaxe(bote de pegamento, papel de xornal e tapas de iogures).