O pasado luns os reporteir@s de 4 anos fixeron unha visita a unha panadería e despois decidiron elaborar esta reportaxe para transmitir como é o proceso de elaboración do pan, ademais de reflectir o ben que o pasamos. Agardamos que vos guste.
No CEIP Pena de Francia os nenos e nenas de Infantil queremos abrir unha ventana para que os vexades no cole.
08/06/18
10/05/18
23/03/18
DESPEDIDA DO PROXECTO "PLANETA AZUL, PLANETA VERDE"
Durante o desenvolvemento do noso proxecto "Planeta Azul, Planeta Verde" aprendemos a respectar e amar ao noso planeta, hoxe como remate subimos a lúa para dicirlle adeus.
Este é o noso segredo para chegar a lúa...
22/03/18
DÍA MUNDIAL DA AUGA
Dende a aula de 3 anos mandamos unha mensaxe de agradecemento ao planeta por poder disfrutar da auga.
21/03/18
21 MARZO, DÍA DA ÁRBORE
Os nenos e nenas de 3 anos quixemos celebrar o día da árbore facendo unha con materiais de reciclaxe(bote de pegamento, papel de xornal e tapas de iogures).
"POESÍA DIVERTIDA " na clase de 3 anos
Tras celebrar o día de Rosalía poñendo os seus versos en avións que fixemos doblando e doblando papel, e despois votámolos ao ceo cos nenos e nenas maiores. Hoxe unímonos a celebración do día da poesía poñendo poemas e cancións en improvisadas prendas de roupa que decoramos en equipos e despois puxemos ao tendal.
02/03/18
08/02/18
Experimentando coa realidade aumentada en 4 anos
Hoxe os nenos e nenas de 4 anos estivemos trasteando cunha das dúas tablets, que como saberedes nos trouxeron os Reis Magos no Nadal ao equipo de Educación Infantil. A nosa profe mandounos colorear unhas máscaras de entroido, e despois por arte de maxia cunha aplicación da tablet, Quiver, estas cobraban vida e puidemos poñelas de verdade.
Aquí queda a mostra do proceso e tamén o resultado do guap@s que estamos...
18/01/18
PROXECTO PLANETA VERDE, PLANETA AZUL. 5º E 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL
INVESTIGANDO SOBRE O NOSO PLANETA DESCUBRIMOS MOITAS MARABILLAS, TANTO NA TERRA, COMO NA AUGA E NO AIRE. PERO TAMÉN NOS DEMOS CONTA DE QUE VIVIMOS NUN PLANETA DOENTE. INDAGAR SOBRE AS ENFERMIDADES DA TERRA SERÁ O NOSO PRÓXIMO PROXECTO, PERO POR AGORA GOZAMOS CUN PEQUENO TALLER INSPIRADO NA TERRA, NO AIRE E NA AUGA.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)