14/12/16

A MALETA DE 3 ANOS!!!

Ola familiaaaas!!

Aquí vos deixo un enlace para que poidades votar unha ollada o recopilatorio da actividade 
"A Maleta":


Espero que vos guste!!!


09/12/16

A ARTE NO COLE COA COLABORACIÓN DOS NEN@S DE 3 ANOS


Nos últimos anos no CEIP Pena de Francia levamos a cabo un PDI (proxecto documental integrado). Este ano, a través dun proceso electoral celebrado a principios de curso, a arte foi a elixida como tema no que focalizar dito PDI. Por iso, neste primeiro trimestre estamos a decorar o noso cole con motivos artísticos. Así, fixemos estas follas imitando ás de Henri Matisse para colocar no corredor das aulas de infantil.




Tamén a través da estrutura folio xiratorio decoramos uns canutillos de papel hixiénico para contribuir a creación dunha escultura que se atopa na planta de arriba onde están as aulas de primaria.












Por último, quixemos empapelar as portas das aulas cos nosos autorretratos e a idea que se nos ocorreu en 3 anos foi crear uns avatares para cada un de nós.



Este é o resultado, ENCÁNTANOS!!!



18/11/16

OS NEN@S DE 3 ANOS




Máis vale tarde que nunca, aquí están os novos nenos e nenas do CEIP Pena de Francia, a clase de 3 anos!!!!!

16/06/16

22/05/16

Excursión para ver a Mamá Cabra

O pasado 4 de maio fomos de excursión a ver un concerto de Mamá Cabra. Primeiro paramos nun parque e pasámolo fenomenal, aquí o podedes ver...


02/05/16

CARABUÑAS NO PENA DE FRANCIA

                No pasado Nadal dende o equipo de biblioteca recomendounos un libro: 
CARABUÑAS.



O pasado venres tivemos unha sorpresa xenial.
 Dende o equipo de biblioteca prepararon un teatro sobre este simpático conto de Margarita del Mazo. Desfrutamos moitísmo da experiencia... Aquí tedes o vídeo para que vexades o ben que o fixeron algunhas das colaboradoras da biblioteca.




Para rematar a festa os de tres seguimos xogando con Carabuñas...
Que ben o pasamos!!!!!!!!!!!!!!!!






15/03/16

AMIGO LOBO

Para despedir nuestro proyecto del lobo hemos preparado con mucha ilusión este  vídeo.
Esperamos que lo disfrutéis tanto como nosotros haciéndolo.