30/03/17

A CASIÑA DOCE (3 ANOS)

Como estamos a traballar a arte da arquitectura, hoxe os nenos de tres anos construímos en aprendizaxe cooperativo unha casiña con cousas moi especiais...





22/03/17

AS NENAS E NENOS DE CATRO ANOS DAN A VOLTA Ó MUNDO.

Estamos preparando o estreno dunha película feita por nós na que aparece o ARCO DA VELLA. Para celebrar o remate da grabación decidimos dar unha volta polo mundo en busca das cores do arco da vella.
Para poder viaxar só tivemos que seguir duas consignas:
" ir collidos da man formando parellas de neno e nena" e "cambiar de parella en cada lugar que visitábamos".



OS NENOS E NENAS DE CATRO ANOS NO ENTROIDO

O seguinte video quere ser unha testemuña do importante que é para nos o traballo en colaboración coas familias. Nenos e nenas, pais, nais e profesoras traballamos xuntos para participar no ARTENTROIDO do centro. Un ENTROIDO inspirado nas artes.

21/03/17

CÍRCULOS DE KANDINSKY

O autor que está a traballar a clase de tres anos é Kandinsky, por iso dedicidimos reproducir unha das súas obras aproveitando a aprendizaxe cooperativa e a reciclaxe de tapóns.
Tódalas semanas dedicamos unha sesión a traballar de forma cooperativa, e utilizamos a estrutura de folio xiratorio empregando diferentes materiais a nosa conveniencia. Trátase de ir realizando a actividade entre todos os membros de cada equipo, e por turnos ir facendo un anaco cada un.
Neste caso nunha primeira sesión pintamos o fondo da obra...






E nunha segunda sesión, fomos colocando tapóns de diferentes envases (pequeno, mediano e grande) e pegándoos sobre o cadro...







E este é o resultado final...