23/03/18

DESPEDIDA DO PROXECTO "PLANETA AZUL, PLANETA VERDE"

Durante o desenvolvemento do noso proxecto "Planeta Azul, Planeta Verde" aprendemos a respectar e amar ao noso planeta, hoxe como remate subimos a lúa para dicirlle adeus.


Este é o noso segredo para chegar a lúa...




22/03/18

DÍA MUNDIAL DA AUGA

Dende a aula de 3 anos mandamos unha mensaxe de agradecemento ao planeta  por poder disfrutar  da auga.


21/03/18

21 MARZO, DÍA DA ÁRBORE

Os nenos e nenas de 3 anos quixemos celebrar o día da árbore facendo unha con materiais de reciclaxe(bote de pegamento, papel de xornal e tapas de iogures).

"POESÍA DIVERTIDA " na clase de 3 anos

Tras celebrar o día de Rosalía poñendo os seus versos en avións que fixemos doblando e doblando papel, e despois votámolos ao ceo cos nenos e nenas maiores. Hoxe unímonos a celebración do día da poesía poñendo poemas e cancións en improvisadas prendas de roupa que decoramos en equipos e despois puxemos ao tendal.