24/11/17





Olaaa familias!!!
Aproveitando o noso proxecto "Pequen@s Reporteir@s" e a celebración do 25 de novembro, o día internacional da non violencia de xénero, os nenos e nenas de 4 e 5 anos, a partir dun taller de lectura introducímonos no mundo radiofónico e elaboramos o noso primeiro podcast. A ver que nos parece?


                                   





19/11/17

09/11/17

VIAXEIR@S AO TREN!!

HAI POUCO OS NOSOS PEQUENOS REPORTEIROS E REPORTEIRAS VISITARON UNHA EXPOSICIÓN FERROVIARIA NO PAZO DE MOS. ENTUSIASMÁRONSE TANTO QUE DECIDIMOS AMPLIAR OS NOSOS COÑECEMENTOS SOBRE OS TRENS, ADEMÁIS, COMO PECHE DO NOSO PROXECTO ORGANIZAMOS UNHA VIAXE EN TREN DENDE VIGO ATA PONTEVEDRA.


 A EXPERIENCIA FOI FASCINANTE...




29/10/17

REPORTEIROS E REPORTEIRAS NA AULA

Ola amig@s, este curso queremos convertirnos en PEQUEN@S REPORTEIR@S, comezamos a nosa actividade no blog con unha retransmisión en directo dende as nosas aulas para presentar os nosos recunchos. Esperamos que vos gusten.
                                                       
                                                       Nenos e nenas de 5 ANOS A e B















25/10/17

BENVIDOS AO CURSO 2017/2018 (4 ANOS)

Os nenos e nenas de 4 anos queremos darvos a benvida ao novo curso 2017/2018. Aproveitando que este ano querémonos converternos en pequen@s reporteir@s decidimos facer unha reportaxe de como temos organizada a nosa clase, esperemos que vos guste e que perdoedes os pequenos erros do directo, jajaja.  Facede click no enlace:

07/06/17

EXPERIMENTANDO CON DIFERENTES PINTURAS!!!!


 Holaaaaaa!!
Este trimestre os nenos e nenas de tres anos estamos a traballar a pintura, e como bos pintores gústanos probar distintos tipos de pinturas e tamén experimentar técnicas novas.


Utilizamos unha sesión para comparar como resulta pintar con témperas, acuarelas e óleos:






E como a acuarela resultounos tan divertida continuamos experimentando pintando os nosos nomes que preparou a nosa mestra:







Así de chulos quedaron ao retirar a cinta adhesiva!!!!!!



Tamén utilizamos esta técnica que se amosa nas fotos para pintar cadros abstractos con esmaltes de uñas:






1º Votamos esmaltes nunha tina con auga ata que nos fartamos


2º Colocamos unha cartolina dentro da tina, deixándoa caer con coidado dentro de esta para que non se somerxa



3º Voilà..... Preciosos


Aquí o resultado de toda a clase!!!

06/06/17

EXCURSIÓN MUSEO DO MAR

Os nenos e nenas de Infantil fumos de excursión ao Museo do Mar, non fixo moi bo día, pero puidemos disfrutar ademais de xogos ao aire libre... pasámolo bomba! Aiquí tedes un resumo do que fixemos!


05/06/17

PEQUENOS COCIÑEIROS

OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS A ADEMÁIS DE COMER MOITA FROITA...DIVERTÍMONOS COCIÑANDO CON ELA!!! NESTE VÍDEO DEIXAMOS O PROCESO DE ELABORACIÓN DE POLOS DE SANDÍA...MMMMMMM


04/06/17



Os nenos e nenas de CATRO ANOS B improvisan unha descrición de A HABITACIÓN DE ARLES de VINCENT VAN GOGH e aquí está o resultado.





29/05/17

CINEASTAS DE CATRO ANOS

Con este vídeo intentamos  resumir o proxecto "EN BUSCA DAS CORES PERDIDAS", levado a cabo polos nenos e nenas de infantil de catro anos, que consistiu na gravación e estrea da súa propia película.

UNHA EXPERIENCIA FANTÁSTICA!!!


25/05/17


Continuando co noso proxecto SOMOS ARTISTAS, queríamos pintar con espuma de afeitar,unha oportunidade marabillosa para realizar un taller sensorial.                                                                                   
Primeiro experimentamos:




Despois engadimos cor:







E rematamos pintando:






Esperamos ter moi pronto outro taller cheiño de arte e diversión.

23/05/17

TALLER DE PINTURA



o outro día pintamos nun lenzo igual que facìan os artistas que estamos traballando. como somos moitos  nenos e nenas, fómonos a pintar ao gimnasio. Puxemos música e...




Pasámolo moi ben, pronto nos volveremos a xuntar para disfrutar creando.

16/05/17

A OLLADA DOS NENOS

Presentamos un breve resumo da ollada dos nenos durante a grabación da película "En busca das cores perdidas". 
As cámaras pasaron pola man dos cativos, que sacaron un total de 380 fotos! 



01/05/17




CONTIUANDO CO NOSO PROXECTO SOBRE O ARTE, IMOS INVESTIGAR SOBRE VINCENT VAN GOGH.
LOGO DE LER E COMENTAR A SÚA BIOGRAFÍA, CADA NENO E NENA FIXO UNHA FRASE SOBRE A VIDA DE VAN GOGH, GRAVÁMOLO EN VIDEO , E ESTE FOI O RESULTADO.




30/03/17

A CASIÑA DOCE (3 ANOS)

Como estamos a traballar a arte da arquitectura, hoxe os nenos de tres anos construímos en aprendizaxe cooperativo unha casiña con cousas moi especiais...





22/03/17

AS NENAS E NENOS DE CATRO ANOS DAN A VOLTA Ó MUNDO.

Estamos preparando o estreno dunha película feita por nós na que aparece o ARCO DA VELLA. Para celebrar o remate da grabación decidimos dar unha volta polo mundo en busca das cores do arco da vella.
Para poder viaxar só tivemos que seguir duas consignas:
" ir collidos da man formando parellas de neno e nena" e "cambiar de parella en cada lugar que visitábamos".



OS NENOS E NENAS DE CATRO ANOS NO ENTROIDO

O seguinte video quere ser unha testemuña do importante que é para nos o traballo en colaboración coas familias. Nenos e nenas, pais, nais e profesoras traballamos xuntos para participar no ARTENTROIDO do centro. Un ENTROIDO inspirado nas artes.

21/03/17

CÍRCULOS DE KANDINSKY

O autor que está a traballar a clase de tres anos é Kandinsky, por iso dedicidimos reproducir unha das súas obras aproveitando a aprendizaxe cooperativa e a reciclaxe de tapóns.
Tódalas semanas dedicamos unha sesión a traballar de forma cooperativa, e utilizamos a estrutura de folio xiratorio empregando diferentes materiais a nosa conveniencia. Trátase de ir realizando a actividade entre todos os membros de cada equipo, e por turnos ir facendo un anaco cada un.
Neste caso nunha primeira sesión pintamos o fondo da obra...






E nunha segunda sesión, fomos colocando tapóns de diferentes envases (pequeno, mediano e grande) e pegándoos sobre o cadro...







E este é o resultado final...