29/05/17

CINEASTAS DE CATRO ANOS

Con este vídeo intentamos  resumir o proxecto "EN BUSCA DAS CORES PERDIDAS", levado a cabo polos nenos e nenas de infantil de catro anos, que consistiu na gravación e estrea da súa propia película.

UNHA EXPERIENCIA FANTÁSTICA!!!


25/05/17


Continuando co noso proxecto SOMOS ARTISTAS, queríamos pintar con espuma de afeitar,unha oportunidade marabillosa para realizar un taller sensorial.                                                                                   
Primeiro experimentamos:




Despois engadimos cor:







E rematamos pintando:






Esperamos ter moi pronto outro taller cheiño de arte e diversión.

23/05/17

TALLER DE PINTURA



o outro día pintamos nun lenzo igual que facìan os artistas que estamos traballando. como somos moitos  nenos e nenas, fómonos a pintar ao gimnasio. Puxemos música e...




Pasámolo moi ben, pronto nos volveremos a xuntar para disfrutar creando.

16/05/17

A OLLADA DOS NENOS

Presentamos un breve resumo da ollada dos nenos durante a grabación da película "En busca das cores perdidas". 
As cámaras pasaron pola man dos cativos, que sacaron un total de 380 fotos! 



01/05/17




CONTIUANDO CO NOSO PROXECTO SOBRE O ARTE, IMOS INVESTIGAR SOBRE VINCENT VAN GOGH.
LOGO DE LER E COMENTAR A SÚA BIOGRAFÍA, CADA NENO E NENA FIXO UNHA FRASE SOBRE A VIDA DE VAN GOGH, GRAVÁMOLO EN VIDEO , E ESTE FOI O RESULTADO.