14/12/16

A MALETA DE 3 ANOS!!!

Ola familiaaaas!!

Aquí vos deixo un enlace para que poidades votar unha ollada o recopilatorio da actividade 
"A Maleta":


Espero que vos guste!!!


09/12/16

A ARTE NO COLE COA COLABORACIÓN DOS NEN@S DE 3 ANOS


Nos últimos anos no CEIP Pena de Francia levamos a cabo un PDI (proxecto documental integrado). Este ano, a través dun proceso electoral celebrado a principios de curso, a arte foi a elixida como tema no que focalizar dito PDI. Por iso, neste primeiro trimestre estamos a decorar o noso cole con motivos artísticos. Así, fixemos estas follas imitando ás de Henri Matisse para colocar no corredor das aulas de infantil.




Tamén a través da estrutura folio xiratorio decoramos uns canutillos de papel hixiénico para contribuir a creación dunha escultura que se atopa na planta de arriba onde están as aulas de primaria.












Por último, quixemos empapelar as portas das aulas cos nosos autorretratos e a idea que se nos ocorreu en 3 anos foi crear uns avatares para cada un de nós.



Este é o resultado, ENCÁNTANOS!!!