21/03/17

CÍRCULOS DE KANDINSKY

O autor que está a traballar a clase de tres anos é Kandinsky, por iso dedicidimos reproducir unha das súas obras aproveitando a aprendizaxe cooperativa e a reciclaxe de tapóns.
Tódalas semanas dedicamos unha sesión a traballar de forma cooperativa, e utilizamos a estrutura de folio xiratorio empregando diferentes materiais a nosa conveniencia. Trátase de ir realizando a actividade entre todos os membros de cada equipo, e por turnos ir facendo un anaco cada un.
Neste caso nunha primeira sesión pintamos o fondo da obra...






E nunha segunda sesión, fomos colocando tapóns de diferentes envases (pequeno, mediano e grande) e pegándoos sobre o cadro...







E este é o resultado final...




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario!